A candidata perfecta

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

A candidata perfecta

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

Maryam é unha nova e ambiciosa médica que traballa no centro de saúde dunha pequena cidade de Arabia Saudí. A pesares da súa alta cualificación, debe gañarse a diario o respecto dos seus compañeiros homes e a aceptación dos pacientes. Indignada polo pasotismo do concello, que demora unha e outra vez asfaltar o camiño de acceso ao hospital, decide presentar a súa candidatura ás eleccións municipais. O seu pai é músico e está de xira tocando nos primeiros concertos públicos permitidos no Reino de Arabia Saudí en décadas. Maryam recruta logo as súas dúas irmás pequenas para recadar fondos e planificar a campaña. A súa inesperada candidatura á alcaldía sorprende a familia e sacude unha comunidade nada afeita á idea de que unha muller dirixa o consistorio.

  • Título orixinal: The Perfect Candidate
  • Ano: 2019
  • Duración: 101 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Haifaa Al-Mansour
  • Guión: Haifaa Al-Mansour, Brad Niemann
  • Elenco: Mila Al Zahrani, Nora Al Awadh, Dae Al Hilali
  • Montaxe: Andreas Wodraschke
  • Dirección de arte: Abdulrahman Abu Al Faraj, Khalid Gaith, Tamara Kalo
  • Vestiario: Heike Fademrecht
  • Son: Sebastian Schmidt
  • Música: Volker Bertelmann
  • Fotografía: Patrick Orth
  • Produtora: Vendor House Productions
  • Distribuidora: Golem Distribución
Venecia 2019 (Sección Oficial), Toronto 2019 (Contemporary World Cinema)