A poeta analfabeta
- Estrea
- DCP2K
- VO
A poeta analfabeta
- Estrea
- DCP2K
A poeta analfabeta é un filme documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?
- Título orixinal: A poeta analfabeta
- Ano: 2020
- Duración: 71 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Sonia Méndez
- Guión: Sonia Méndez
- Montaxe: Víctor H. Seoane
- Fotografía: Lucía C. Pan
- Produtora: Cósmica Producións