A poeta analfabeta

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

A poeta analfabeta

  • Estrea
  • DCP2K

A poeta analfabeta é un filme documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?

  • Título orixinal: A poeta analfabeta
  • Ano: 2020
  • Duración: 71 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Sonia Méndez
  • Guión: Sonia Méndez
  • Montaxe: Víctor H. Seoane
  • Fotografía: Lucía C. Pan
  • Produtora: Cósmica Producións