A rapariga
- Repertorio
- DCP2K
- +7
- VOSG
A rapariga
- Foco Márta Mészáros
- Repertorio
- DCP2K
- +7
A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga séntese terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade?
Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longa de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras o Maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película.
- Título orixinal: Eltávozott nap
- Ano: 1968
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Húngaro
- Dirección: Márta Mészáros
- Guión: Márta Mészáros
- Elenco: Kati Kovács, Teri Horváth, Ádám Szirtes, Gábor Agárdi, Zsuzsa Pálos, András Kozák, Gábor Harsányi, Laszlo Szabo, Zsolt Körtvélyessy
- Montaxe: Zoltán Farkas
- Dirección de arte: Zoltán Farkas
- Vestiario: Piroska Katona
- Son: Zoltán Toldy
- Música: Levente Szörényi
- Fotografía: Tamás Somló
- Produtora: Mafilm Studio 4
- Distribuidora: Lost & Found