A relixiosa
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
A relixiosa
- Estrea
- DCP2K
- +12
Século XVIII. Suzanne (Pauline Étienne), é unha moza brillante e fermosa nacida nunha familia burguesa. O mundo vénselle abaixo en canto os seus pais a envían a un convento de clausura. Nel, dará de fociños coa dureza da xerarquía que goberna todos os aspectos da súa nova vida: as madres superioras xulgan con dureza as dúbidas e maila rebeldía de Suzanne.
Adaptación da novela homónima de Diderot, o filme narra a historia dunha muller que tenta resistir a imposición de determinados valores relixiosos, revelando o efecto embrutecedor da vida de clausura.
- Título orixinal: La religieuse
- Ano: 2013
- Duración: 114 minutos
- Dirección: Guillaume Nicloux
- Guión: Guillaume Nicloux, Jérôme Beaujour
- Elenco: Pauline Étienne, Isabelle Huppert, Louise Bourgoin, Martina Gedeck, Françoise Lebrun, Agathe Bonitzer, Alice de Lencquesaing, Gilles Cohen, Marc Barbé, François Négret, Lou Castel, Nicolas Jouhet, Pascal Bongard, Pierre Nisse, Fabrizio Rongione
- Montaxe: Guy Lecorne
- Dirección de arte: Alain Tchilinguirian
- Vestiario: Anaïs Romand
- Son: Maxime Saleix, Christian Monheim, Laurence Morel
- Música: Max Richter
- Fotografía: Yves Cape
- Produtora: Les films du Worso (Francia), Versus Production (Bélxica), Belle Epoque Films (Alemaña)
- Distribuidora: Abordar Casa de Películas
Berlinale 2013, Chicago International Film Festival 2013, Premios César 2014 (nomeada a mellor actriz revelación Pauline Étienne), Premios Lumière 2014 (nomeada a mellor actriz revelación Pauline Étienne), Premios Magritte 2014 á mellor actriz Pauline Étienne