
A viaxe dos Chévere + Pontevedra, hora cero
- Repertorio
- DCP2K
- VO
-
- VO Presentación e coloquio con Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Alfonso Zarauza
A viaxe dos Chévere + Pontevedra, hora cero
- Retrospectiva Alfonso Zarauza: 30 anos de cinema
- Repertorio
- DCP2K
A viaxe dos Chévere
Alfonso Zarauza | 2014 | 54 min
Viaxe a unha nación remota do mundo, en catro partes, a través da Ultranoite, no inicio un cabaret da Sala Nasa e despois de moitos outros escenarios e lugares. A viaxe dos Chévere é un achegamento filmado ao traballo e a vida duns cómicos trillados polo asfalto, feito nos primeiros anos do século XXI. A través dunha mirada persoal e poética, Alfonso Zarauza narra o desterro da compañía de teatro Chévere e a súa loita de resistencia desde un territorio aínda libre do escenario. Unha película que fala da irracionalidade do poder e da cordura das artes, da volatilidade da acción política e da perdurabilidade do traballo creativo. Un filme que acredita na veracidade da ficción, nas illas flotantes, nos cabalos filosóficos e nos cabarets nihilistas.
Pontevedra, hora cero
Alfonso Zarauza | 2023 | 36 min
Un director de cinema disponse a rodar un documental sobre o milagre urbanístico da cidade de Pontevedra, en plena rodaxe dáse de conta de que apenas coñece a cidade e que o tema en si non lle interesa demasiado. Entra nunha crise creativa. Decátase entón de que o que realmente lle interesa é facer unha ficción, aínda que non ten claro sobre que, chama ás súas actrices habituais e involúcraas no proxecto. Elas non tardan en darse conta de que aquilo non vai a ningunha parte e rebélanse contra o rumbo do director.
A sesión contará con presentación e coloquio de Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Alfonso Zarauza.
- Título orixinal: A viaxe dos Chévere + Pontevedra, hora cero
- Ano: 2014
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alfonso Zarauza
- Fotografía: Alberte Branco


