A viaxe dos Chévere + Pontevedra, hora cero

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO
  • VO Presentación e coloquio con Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Alfonso Zarauza

Máis sesións

A viaxe dos Chévere + Pontevedra, hora cero

A viaxe dos Chévere
Alfonso Zarauza | 2014 | 54 min
Viaxe a unha nación remota do mundo, en catro partes, a través da Ultranoite, no inicio un cabaret da Sala Nasa e despois de moitos outros escenarios e lugares. A viaxe dos Chévere é un achegamento filmado ao traballo e a vida duns cómicos trillados polo asfalto, feito nos primeiros anos do século XXI. A través dunha mirada persoal e poética, Alfonso Zarauza narra o desterro da compañía de teatro Chévere e a súa loita de resistencia desde un territorio aínda libre do escenario. Unha película que fala da irracionalidade do poder e da cordura das artes, da volatilidade da acción política e da perdurabilidade do traballo creativo. Un filme que acredita na veracidade da ficción, nas illas flotantes, nos cabalos filosóficos e nos cabarets nihilistas.

Pontevedra, hora cero
Alfonso Zarauza | 2023 | 36 min
Un director de cinema disponse a rodar un documental sobre o milagre urbanístico da cidade de Pontevedra, en plena rodaxe dáse de conta de que apenas coñece a cidade e que o tema en si non lle interesa demasiado. Entra nunha crise creativa. Decátase entón de que o que realmente lle interesa é facer unha ficción, aínda que non ten claro sobre que, chama ás súas actrices habituais e involúcraas no proxecto. Elas non tardan en darse conta de que aquilo non vai a ningunha parte e rebélanse contra o rumbo do director. 

A sesión contará con presentación e coloquio de Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Alfonso Zarauza.

  • Título orixinal: A viaxe dos Chévere + Pontevedra, hora cero
  • Ano: 2014
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Alfonso Zarauza
  • Fotografía: Alberte Branco