Alemaña, ano cero

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VOSE

Alemaña, ano cero

Edmun é un neno que vive en Berlín tras a rendición alemá na segunda guerra mundial. Terá que atopar o xeito de manter a súa familia, composta polo seu irmán, ex-soldado, desertor na guerra, que vive oculto por temor aos ocupadores, a súa irmá, que se prostitúe a cambio de favores, e seu pai enfermo. Tras o encontro cun antigo profesor do colexio, Edmun recibe unha terrible lección: os débiles deben perecer para que os máis fortes sobrevivan.

  • Título orixinal: Germania, anno zero
  • Ano: 1948
  • Duración: 74 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Roberto Rossellini
  • Guión: Roberto Rossellini, Carlo Lizzani, Max Colpet (Idea: Basilio Franchina)
  • Elenco: Edmund Moeschke, Ernst Pittschau, Barbara Hintz, Franz-Otto Krüger, Alexandra Manys, Erich Gühne
  • Montaxe: Eraldo Da Roma
  • Dirección de arte: Piero Filippone
  • Son: Alessandro Biancani, Kurt Doubrowsky
  • Música: Renzo Rossellini
  • Fotografía: Robert Juillard
  • Produtora: Co-production Italia-Alemania-Francia; Tevere Film, Safdi, UGC Images
  • Distribuidora: Classic Films
Locarno 1948 (Mellor filme, dirección e guión)