Twilight's Last Gleaming / Alerta: mísiles

  • Repertorio
  • VOSE

Twilight's Last Gleaming / Alerta: mísiles

En 1981, un antigo xeneral veterano da guerra de Vietnam, degradado das Forzas Aéreas norteamericanas, escapa dun cárcere de Montana xunto a tres homes. O grupo apodérase dunha base militar con mísiles nucleares Titán e ameaza con lanzalos contra a URSS se o presidente dos Estados Unidos non cumpre as súas esixencias: pagarlles 100 millóns de dólares, garantirlles impunidade e facer público en televisión un documento secreto redactado polo expresidente Nixon, que revela os verdadeiros motivos da intervención norteamericana no sureste asiático durante a guerra de  Vietnam.

  • Título orixinal: Twilight's Last Gleaming
  • Ano: 1977
  • Duración: 145 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Robert Aldrich
  • Guión: Ronald M. Cohen e Edward Huebsch. Baseado nunha novela de Walter Wager
  • Elenco: Burt Lancaster, Roscoe Lee Browne, Joseph Cotten, Melvyn Douglas, Charles Durning, Richard Jaeckel, William Marshall, Gerald S. O'Loughlin, Richard Widmark, Paul Winfield, Burt Young
  • Montaxe: Michael Luciano, William Martin, Maury Winetrobe
  • Fotografía: Robert B. Hauser
  • Produtora: Merv Adelson