Anneke Necro: Fantasía para unha nova erótica

  • Estrea
  • +18
  • VO

Anneke Necro: Fantasía para unha nova erótica

A narrativa fantástica xunto á expresión do onírico pode abrirnos camiño a relatar unha nova erótica afastada dos principios da normatividade. Atreverse a cruzar o límite da sexualidade non convencional e manifestala no cine, segue sendo un reto a día de hoxe e elementos como o mito, a imaxinación, a estética e o fantástico son perfectos catalizadores tanto da experiencia erótica como da súa representación cinematográfica.

MANTIS LAB
Mantis Lab nace no ano 2017 da man de Anneke Necro, artista e directora de cine explícita independente e de Sade, músico e compositor. O porno como acción política, unha forma de percorrer o camiño, comprender o mundo e como se interactúa con todo aquilo que nos rodea. Os seus pilares son o coñecemento do territorio, o coidado da natureza, a representación das sexualidades máis alá da normatividade, a música, os espíritos familiares e os espazos liminais.

ANNEKE NECRO
Anneke Necro é directora y artista de cine explícito e Dominatrix profesional. Forma parte do movemento do porno feminista europeo, traballando para coñecidas produtoras diante e detrás das cámaras, e dirixindo os seus propios proxectos audiovisuais, que foron proxectados en festivais como o Porn FilmFestival de Berlín. Está ao mando do proxecto audiovisual explícito Mantis Lab, onde explora novas formas de expresión erótica. Dirixe o podcast sobre sexualidades disidentes Hot Topic e forma parte do sindicato OTRAS para loitar polos dereitos laborais das traballadoras sexuais.

 
  • Título orixinal: Anneke Necro: Fantasía para una nueva erótica
  • Duración: 65 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Anneke Necro
  • Distribuidora: Curtocircuito