Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
- Estrea
- DCP2K
- VG
Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
- Estrea
- DCP2K
A Aula de zanfonas de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.
Sesión gratuíta até completar aforo, recoméndase reservar praza en web ou billeteira, máximo dúas entradas por persoa
- Título orixinal: Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
- Ano: 2022
- Duración: 60 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Federico A. Rioboo
- Guión: Federico A. Rioboo
- Elenco: Miro Casabella, Manuel Rioboo, Erea Estévez
- Son: Miguel Seixo
- Música: Cántigas de Terra, Escolas da Terra, Gutier Álvarez, Iván Abal, Miro Casabella, Luciano Pérez, Erea Estévez e Manuel Rioboo.
- Fotografía: Óscar Górriz
- Produtora: AC Cántigas da Terra