
O banco que se creou sen cartos
- Estrea
- DCP2K
- VO
O banco que se creou sen cartos
- Estrea
- DCP2K
O banco que se creou sen cartos conta a historia de como un grupo de persoas comprometidas cos valores éticos, sociais e ambientais conseguiu construír unha entidade financeira diferente, baseada na transparencia e na xustiza social. A través de testemuños de traballadores, socias e outros protagonistas, o documental mostra como a colaboración e o esforzo colectivo fixeron posible un soño que parecía utópico, mesmo un oxímoro: un banco onde as persoas son o centro e o diñeiro é unha ferramenta para o ben común.
O pase, gratuíto até completar aforo, contará cun coloquio posterior coordinado por membros de Fiare Banca Ética.
- Título orixinal: El banco que se creó sin dinero
- Ano: 2025
- Duración: 25 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Aida Bañeres Argilés (cooperativista)
- Montaxe: Òscar Garcia Morillas (cooperativista)
- Dirección de arte: Les d'art
- Son: Kemen Longo Matz
- Fotografía: Guillem Voltas Calbet (cooperativista)
- Produtora: Elisenda Trilla Ferré (cooperativista)


