Botticelli e Florencia: o nacemento da beleza
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Botticelli e Florencia: o nacemento da beleza
- Estrea
- DCP2K
Desde Salvador Dalí ata Andy Warhol, de David LaChapelle a Jeff Koons e Lady Gaga, ninguén parece ser inmune á eterna fascinación por Botticelli e as súas obras. Unha viaxe a través da arte do Maestro exposto no museo ao aire libre que é Florencia: un itinerario sen precedentes para descubrir o artista que inventou un novo modelo de beleza, superando a barreira de séculos para inspirar a arte contemporánea.
Recreacións oníricas, imaxes cativadoras da cidade e filmacións de obras de arte asombrosas entrelázanse coas voces de persoas estudosas da arte de todo o mundo que narran o esplendor e as contradicións da Florencia de Lorenzo de Medici. Botticelli afirmaba ser o inventor da Beleza ideal, a cal atopou a súa máxima expresión en obras como A Alegoría da Primavera e O nacemento de Venus.
- Título orixinal: Botticelli e Firenze. La nascita della belleza
- Ano: 2020
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Marco Pianigiani
- Guión: Francesca Priori
- Elenco: Stephen Mangan (Narrador)
- Produtora: Sky Arts, Ballandi, Nexo Digital
- Distribuidora: A Contracorriente Films