Foco Bruce Elder #1

  • HD
  • VOSE

Foco Bruce Elder #1

  • HD
  • VOSE

Arranca o Foco Bruce Elder coa proxección de tres pezas que se moven entre a curta e a mediametraxe pertecentes ao monumental ciclo The Book of All the Dead (1975-1994) inspirado na Divina Comedia de Dante e nos Cantares de Ezra Pound.

Breath/Light/Birth (1975, 6 min)

Variacións en vídeo das imaxes de arquivo dunha muller dando a luz, asistida polos membros dunha comunidade relixiosa. O illamento confróntase co comunal, a crueza mestúrase coa maxia do máis misterioso dos acontecementos.

The Art of Wordly Wisdom (1979, 55 min)

Cativadora e reveladora exploración da psique dunha persoa en crise, The Art of Wordly Wisdom «combina unha elaborada composición a partir da división da pantalla cunha banda sonora multivocal para producir un autoretrato ao mesmo tempo satírico e conmovedor» (Art Gallery of Ontario).

1857 (Fool's Gold) (1981, 25 min)

«Un acto de celebración. Bruce produce, con luz e cor, son, quietude e movemento, o inexorábel ritmo e enerxía do mundo natural» (Carole Zucker). Premio do Público no Montreal Poetry Film Festival e Mención de Honra no San Francisco Poetry Film Festival.

  • Título orixinal: Foco Bruce Elder #1
  • Duración: 85 minutos
  • Dirección: Bruce Elder