Charles Bradley: Soul of America

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Charles Bradley: Soul of America

Un home veterano coloca unha perruca e fai bucles no pelo. Cálzase unhas lustrosas botas negras. Pon un traxe vermello impecablemente desengurrado, enriba dunha camisa negra de longo pescozo puntiagudo, e xira bailando para a cámara que capta o instante. A transformación completouse. É o mesmísimo James Brown -aínda que realmente se trate de Charles Bradley, quen aínda non conseguiu facerse un nome no mundo da música-.

Non hai nada como estar no momento e o sitio adecuado. Iso é xusto o que lle sucedeu ao director Poull Brien, contratado para dirixir o primeiro vídeo de Bradley, "The world (Is going up in flames)”, previo á edición do seu disco de debut. O seu gran mérito é ter caído na conta de que había unha gran historia na vida deste a pesar de que xa contaba con 62 anos cando se lle ía filmar.

Bradley, quen só gozara da vida ata entón imitando a James Brown, é un filón para a cámara, repasando varios momentos verdadeiramente dramáticos da súa vida e malvivindo nun colchón raído no soto inmundo do edificio no que vive a súa nai. O filme logra equilibrar a dura historia de fondo e a parte musical, pero quen verdadeiramente conmove é o propio Bradley, a quen os golpes da vida aínda non destruíron, e quen se revela como unha alma bondadosa, chea de amor e dor, que sobreviviu a través da súa fe en Deus e que sempre creu no seu soño.

Texto de Xavier Valiño. Publicado en Los 100 mejores documentales del Rock

  • Título orixinal: Charles Bradley: Soul of America
  • Ano: 2012
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Poull Brien
  • Participación: Charles Bradley, Elizabeth Bradley, Tom Brenneck, Gabriel Roth, Neal Sugarman, Sharon Jones, Alex Everett, Jonny Santos, Damani H. Young, Joseph Welch, Arago Welch, Georgia Reid, Ernest Washington, Jackie Washington
  • Montaxe: Poull Brien, Stuart McCardle, Adriana Pacheco
  • Fotografía: Stuart McCardle
  • Produtora: Roco Films
  • Distribuidora: Inèdit