Cineuropa 2021: O último home vivo

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Cineuropa 2021: O último home vivo

Como consecuencia da guerra bacteriolóxica entre Rusia e China, un só individuo semella ser o único sobrevivente; trátase do coronel Neville, famoso científico, que se salva grazas a unha única dose de vacina que estaba a experimentar. A partir deste intre, e durante dous longos anos, terá que defenderse do asedio duns seres que tamén conseguiron salvarse, pero que, ao non posuír a defensa duns anticorpos, foron dexenerando ata converterse nuns seres monstruosos, e cuxo único afan é acabar con Neville, no que focalizan a responsabilidade da destrución da humanidade.

  • Título orixinal: Cineuropa 2021: O último home vivo
  • Ano: 1971
  • Duración: 98 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Boris Sagal
  • Guión: John William Corrington, Joyce Hooper Corrington, William Peter Blatty (baseado na novela de Richard Matheson)
  • Elenco: Charlton Heston, Anthony Zerbe, Rosalind Cash, Paul Koslo, Lincoln Kilpatrick, Eric Laneuville
  • Montaxe: William Ziegler
  • Fotografía: Russell Metty
  • Produtora: Walter Seltzer
  • Distribuidora: cineuropa