Cineuropa 2021: Responsabilidad Empresarial
- Estrea
- DCP2K
- VO
Cineuropa 2021: Responsabilidad Empresarial
- Cineuropa 2021
- Estrea
- DCP2K
Os recentes procesos xudiciais relacionados coa ditadura arxentina centráronse basicamente nos perpetradores directos: militares, policías e forzas de seguridade. Na súa nova película, o director de El predio y 17 monumentos expón a necesidade de botar a vista atrás en termos de responsabilidade e non de complicidade. Para profundar nesa cuestión, Jonathan Perel basea o seu filme nun libro do que existen moi poucas copias impresas. Trátase de Responsabilidade empresarial en delitos de lesa humanidade, o primeiro informe realizado polo Estado arxentino que documenta 25 casos de participación empresarial na represión exercida durante a ditadura. O cineasta pon o foco nesas empresas para denunciar o seu papel durante a ditadura facilitando activos e información aos militares a cambio de beneficios. Responsabilidade empresarial, que tivo a súa estrea mundial na sección Forum da Berlinale, componse dunha serie de planos fixos filmados desde o interior dun automóbil estacionado fronte a esas empresas. Como banda sonora, escoitamos ao mesmo Perel lendo extractos do libro que quere visibilizar, proporcionándolle así unha imaxe cinematográfica e unha existencia física. O filme eríxese como unha poderosa ferramenta de denuncia para evitar que a responsabilidade directa destas compañías caia no esquecemento. Unha nova e imprescindible perspectiva na construción da memoria.
- Título orixinal: Responsabilidad empresarial
- Ano: 2020
- Duración: 68 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Jonathan Perel
- Guión: Jonathan Perel
- Montaxe: Jonathan Perel
- Fotografía: Jonathan Perel