Cineuropa 2018 - '77 No Commercial Use

  • Estrea
  • VOSE

Cineuropa 2018 - '77 No Commercial Use

Para este documental, Luis Fulvio editou secuencias de disturbios, noticiarios, entrevistas, gravacións de radio, concertos de pop e clips de películas, de forma que non só ofrece unha visión xeral ou nostálxica dun ano que posiblemente sexa máis interesante e explosivo que o mítico 1968. 1977 desprégase ante os nosos ollos cunha vitalidade case esquecida e a miúdo violenta, como un ano en que se viviu perigosamente porque quizais foi a época en que as cousas poderían ter cambiado.

 

  • Título orixinal: '77 No Commercial Use
  • Ano: 2017
  • Duración: 127 minutos
  • Idioma orixinal: Italiano
  • Dirección: Luis Fulvio
  • Guión: Luis Fulvio
  • Participación: Lucrezia Ercolani, Damiano Roberti
  • Montaxe: Luis Fulvio
  • Fotografía: Luca Toni, Andrea Gadaleta Caldarola.