Cineuropa 2018 - Frost

  • Estrea
  • VOSE

Cineuropa 2018 - Frost

Rokas e Inga, unha parella de mozos lituanos, ofrécense como voluntarios para conducir unha camioneta de axuda humanitaria a Ucraína. Cando os plans cambian e se atopan abandonados á súa sorte, cruzan as vastas terras nevadas da rexión de Donbass en busca de aliados e refuxio, implicándose na vida dos afectados pola guerra. A pesar do perigo, vanse achegando cada vez máis á liña da fronte.

  • Título orixinal: Frost
  • Ano: 2018
  • Duración: 130 minutos
  • Idioma orixinal: Lituano, Ucraíno, Ruso, Inglés, Francés
  • Dirección: Sharunas Bartas
  • Guión: Sharunas Bartas, Anna Cohen-Yanay
  • Elenco: Mantas Janciauskas, Lyja Maknaviciute, Vanessa Paradis, Andrzej Chyra.
  • Música: Pawel Mykietyn
  • Fotografía: Eitvydas Diskus
Mellor filme na sección Dereitos Humanos do Festival de Cine Internacional de Estambul.