Cineuropa 2018 - Neville D'Almeida: cronista da beleza e do caos
- Estrea
- VOSE
Cineuropa 2018 - Neville D'Almeida: cronista da beleza e do caos
- Cineuropa 2018
- Estrea
Creador do movimento Cinema Marginal? Autor dunha obra emblemática das artes visuais? Un xenio incomprendido? Un tolo? Quen é Neville D’Almeida? Por entre imaxes raras de arquivo, entrevistas e innumerable material audiovisual, o proxecto busca rescatar o papel do cineasta Neville D’Almeida, artista que foi consagrado como autor de obras polémicas e o director máis perseguido pola censura da ditadura militar brasileira, até caer en graza ao público con adaptacións do dramaturgo Nelson Rodrigues. A súa primeira longa, "Xardín de Guerra", foi prohibida e xamais exhibida comercialmente. Preto dos 50 anos, inaugurou con esta longa a Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes en 1969, foi premiado no Festival de Brasilia e exhibiu o filme noutros festivais europeos, sendo consagrado como unha das iconas do cinema experimental. A pesar dos moitos éxitos e filmes premiados en festivais, Neville non conseguiu estrear unha longa en circuíto comercial desde 1997 até este ano. Xa non existe a censura, mais a persecución nestes últimos vinte anos, segundo Neville, viña por medio do que el chama ditadura das convocatorias. Entre a ironía, a arte e o drama, Neville D’Almeida: cronista da beleza e do caos reconstrúe unha parte importante da historia do cinema brasileiro.
- Título orixinal: Neville D'Almeida: cronista da beleza e do caos
- Ano: 2018
- Duración: 106 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Mario Abbade
- Guión: Mario Abbade, Leonardo Luiz Ferreira, Celso Rodrigues Ferreira Jr.
- Elenco: Pedro Aguinaga, Marco Altberg, Cláudio Assis, Joel Barcellos, Luiz Carlos Barreto, Flavio Bauraqui
- Son: Arthur Sherman
- Fotografía: Arthur Sherman, Vinicius Brum
- Produtora: Cavídeo, Canal Brasil, Abbade Entretenimento