Cineuropa 2018 - Trote

  • Estrea
  • VO

Cineuropa 2018 - Trote

Filla de, irmá de..., Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Fóra da casa, as bombas que anuncian a festa non se deixan escoitar a través dos cristais.

  • Título orixinal: Trote
  • Ano: 2018
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Xacio Baño
  • Guión: Xacio Baño, Diego Ameixeiras
  • Elenco: María Vázquez, Celso Bugallo, Diego Anido, Tamara Canosa
  • Fotografía: Lucía C. Pan
  • Produtora: Frida Films / Ciobreliai