
Código Marcos
- Estrea
- DCP2K
- Todos os Públicos
- VO
Código Marcos
- Estrea
- DCP2K
- Todos os Públicos
Liena é unha muller migrante, divorciada e con dous fillos: Pablo e Marcos, diagnosticados con autismo. Durante case dez anos, ela filma incansablemente, primeiro como ferramenta para estimular a interacción de Marcos, e logo como rexistro da súa propia maternidade. A falta de referentes precisa crear o seu e verse na pantalla. Filma á vez que cociña, asiste, ama, traballa, xoga, discurte. A cámara non corta, non se apaga. Liena transforma unha maternidade estigmatizada nunha experiencia de vida significativa.
O pase contará con presentación e coloquio en liña coas autoras e terá lugar o 3 de maio, Día Nacional da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
- Título orixinal: Código Marcos
- Ano: 2025
- Duración: 79 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Patricia Pérez Fernández, Liena Cid Navia
- Guión: Patricia Pérez Fernández, Liena Cid Navia
- Montaxe: Lucía Casal, Patricia Pérez Fernández, Diana Toucedo
- Son: Álvaro de Iscar, Diego López Rial
- Música: Alejandro Frómeta
- Fotografía: Heidi Hassan, Patricia Pérez Fernández, Liena Cid Navia
- Produtora: La Terraza Films, B Free Media, Mogambo (España)
- Distribuidora: La Terraza Films



