Comrade, Where Are You Today?

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Comrade, Where Are You Today?

A directora finlandesa Kirsi Marie Liimatainen naceu en Tampere, unha cidade industrial alcumada a Manchester de Finlandia, no seo dunha familia de clase traballadora e de firmes conviccións comunistas. En 1988 e con tan só 20 anos mudouse á República Democrática Alemá para asistir á academia xuvenil Wilhelm Pieck. Desde ambas as dúas marxes do muro chegan mozos e mozas para estudar marxismo-leninismo, unidos na loita por un mundo mellor. O curso termina no verán de 1989 e uns meses despois cae o muro de Berlín. 24 anos despois, na era do capitalismo máis voraz, Kirsi Marie Liimatainen emprende unha viaxe cinematográfica a través de Alemaña, Bolivia, Chile, Líbano e Suráfrica para reencontrarse cos seus antigos compañeiros. Que queda do seu soño de revolución? Aínda existe algunha utopía pola que pague a pena loitar?

  • Título orixinal: Comrade, Where Are You Today?
  • Ano: 2016
  • Duración: 112 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán, inglés, castelán, árabe
  • Dirección: Kirsi Marie Liimatainen
  • Guión: Kirsi Marie Liimatainen
  • Música: Anssi Växby, Lasse Sakara
  • Fotografía: Yoliswa von Dallwitz, Till Vielrose, Hanno Kunow
  • Produtora: Kirsi Marie Liimatainen, Ilanga Films (Alemaña)