Comunistas + A guerra de Alxeria + O acuario e a nación

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Máis sesións

Comunistas + A guerra de Alxeria + O acuario e a nación

Comunistas (Kommunisten, 70', 2014, VOSE)
Jean-Marie Straub leva a musicalidade dos bloques ao paroxismo extremo, mesturando bloques de tempo, bloques de texto (Malraux, Fortini, Vittorini, Hölderlin) e bloques de linguas (francés, alemán, italiano) e desta amalgama emerxe a historia do mundo, e do mesmo movemento, a esperanza política de ser liberado.

A guerra de Alxeria! (La guerre d'Algerie, 2', 2014, VOSE)
Baseado no texto de Jean Sandretto, A guerra de Alxeria! concíbese como o prólogo a Comunistas e nela introdúcese un interrogante: como repararse tras a loita.

O acuario e a nación (L'aquarium et la nation, 31', 2015, VOSE)
Mediametraxe dividida en tres partes: Na primeira aparece un acuario; a segunda é un home lendo Les noyers de l'Altenbur, última novela de André Malraux; e a terceira é un extracto de La marsellesa (1938) de Jean Renoir.

  • Título orixinal: Kommunisten + La guerre d'Algérie! + L'aquarium et la nation
  • Dirección: Jean-Marie Straub