Con el viento

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VO

Con el viento

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP

Mónica (Mónica García) é bailarina en Buenos Aires. Recibe unha chamada da sua irmá Elena (Ana Fernández): seu pai está moi enfermo. O regreso á casa familiar dun pobo de Burgos reabre antigas feridas e permite curar outras. Mónica vive de novo coa súa nai (Concha Canal) despois de anos distanciada, xuntas terán que vender a casa e Elena, que desde Barcelona mantivo os lazos familiares todo este tempo, vese relegada. Mónica refúxiase no que mellor coñece, a danza, para reconciliarse cunha vida e un espazo que deixou atrás. A complicidade de Berta (Elena Martín), a máis nova da familia, axudará a renovar os vínculos entre estas catro mulleres.

  • Título orixinal: Con el viento
  • Ano: 2018
  • Duración: 105 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Meritxell Colell
  • Guión: Meritxell Colell
  • Elenco: Mónica García, Concha Canal, Elena Martín, Ana Fernández
  • Montaxe: Ana Pfaff
  • Dirección de arte: Laura Arrom
  • Son: Verònica Font, Gaspar Scheuer
  • Fotografía: Aurélien Py, Julián Elizalde
  • Produtora: Polar Star Films, Habitación 1520, Paraiso Production (España, Francia, Arxentina)
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Málaga 2018 (Biznaga de Prata Mellor Filme Zonazine), D'A Barcelona Film Fest 2018 (Premio Talents), Donostia 2018 (Made in Spain), Berlinale 2018 (Forum)