Curtametraxes Helena Girón e Samuel M. Delgado

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

Curtametraxes Helena Girón e Samuel M. Delgado

  • Repertorio
  • DCP2K

Co gallo da visita dos cineastas Helena Girón e Samuel M. Delgado pola estrea de Eles transportan a morte, programamos unha sesión coas súas curtametraxes que contará con presentación a cargo dos seus autores.

Irmandade
2019 | 9 min
Unha irmandade de espectros ocúltase baixo as capas do tempo. Tralas descricións manuscritas por Vasco da Ponte, buscamos un pasado mítico que resoa de forma subterránea sobre unha paisaxe chea de presenzas invisibles que se activan e perduran cada vez que pensamos nelas.

Plus Ultra
2017 | 13 min
Plus Ultra é o lema do estado español. Con el alentábase aos navegantes a conquistar novas terras esquecendo a advertencia da mitoloxía grega: Non Terrae Plus Ultra (Non existe terra máis alá). Canarias —banco de probas das tácticas utilizadas na colonización de América— convértese no escenario dunha fábula sobre o territorio.

Montañas ardientes que vomitan fuego
2016 | 13 min
O interior da terra convértese en refuxio fronte á ameaza que se aproxima á illa. Os tubos volcánicos actúan como vasos comunicantes entre espazos e tempos. Neles experiméntase a resistencia.

Sin Dios ni Santa María
2015 | 11 min
Como non había avións, a xente trasladábase por medio duns rezados dunha terra a outra e volvían cedo, antes do amencer. Nunhas antigas gravacións sonoras, as voces dos pastores falan dunha existencia mítica, de bruxas e de viaxes. Na cotiandade dunha muller materialízase a maxia dos seus relatos ao tempo que agarda a chegada da noite. A noite é o momento no que as viaxes son posibles.

  • Título orixinal: Curtametraxes Helena Girón e Samuel M. Delgado
  • Ano: 2019
  • Duración: 46 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Helena Girón e Samuel M. Delgado