
Curtametraxes Jonas Mekas
- Repertorio
- DCK2K
- VOSE
-
- VOSE Presenta Nieves Febrer
Curtametraxes Jonas Mekas
- Repertorio
- DCK2K
En colaboración co Festival Internacional de Cinema de Bueu proxectamos unha escolma de curtametraxes do cineasta experimental lituano Jonas Mekas que terá presentación de Nieves Febrer, autora de «Caderno FICBUEU#5: Jonas Mekas. O cinema como arte da memoria».
Cassis
Cassis | Jonas Mekas | 1966 | 4 min
Un pequeno peirao no sur de Francia, un faro, o mar filmado desde xusto antes do amencer ata xusto despois do solpor, durante todo o día, fotograma a fotograma, un ou dous fotogramas cada segundo ou cada poucos minutos.
Apuntamentos sobre o circo
Notes on the Circus | Jonas Mekas | 1966 | 12 min
Ringling Bros., filmado en tres sesións (circo de tres pistas), sen postedición de ópticas, cinco rolos encadeados tal como saíron dunha cámara. A Jug Band de Jim Kweskin preparou a banda sonora.
Hare Krishna
Hare Krishna | Jonas Mekas | 1966 | 4 min
Un ‘documental’ —un domingo pola tarde en Nova York— fermosa nova xeración — bailando nas rúas de Nova York — cantando ‘Hare Hare’ — enchendo as rúas e o aire de amor…
Informe desde Millbrook
Report From Millbrook | Jonas Mekas | 1965-1966 | 12 min
Rodada en 1965, nunha visita de fin de semana á casa de Tim Leary. Foi unha saída lixeira de verán. Nada de LSD. Porén, Tim levoume a dar un paseo e falamos sobre o LSD. Díxenlle que as substancias químicas que motivan e impulsan aos artistas son máis poderosas e misteriosas que o LSD ou calquera outra droga. Con ese comentario demos media volta e terminamos o noso paseo. Non había nada máis que dicir. En 1966, o local de Tim foi irrompido polo shériff local. O East Village Other gravou unha entrevista co shériff sobre a redada. Utilicei a entrevista como banda sonora do filme. A metraxe tamén pode verse doutra forma en Walden: Diaries, Notes and Sketches (1969). - Jonas Mekas.
Cancións de viaxe
Travel Song | Jonas Mekas | 1967-1981 | 28 min
Composto a partir de dúas décadas de rodaxe itinerante en Europa, Travel Songs evoca ese improvisado enfoque tan propio de Jonas Mekas para facer turismo. Asís, Moscú e Estocolmo son filtrados a través da súa extraordinaria e animada lente.
Cuarteto #1
Quartet #1 | Jonas Mekas | 1991 | 8 min
Empecei a preocuparme pola inxente cantidade de material inédito que tiña nos meus andeis. Tiña que facer algo con el antes de que empezara a esvaecerse. Unha idea era empezar a editalo todo en forma de cuartetos. Este cuarteto foi o meu primeiro intento nesa dirección. - Jonas Mekas.
Filmes perfectos de tres imaxes
Imperfect Three-Image Films | Jonas Mekas | 1995 | 6 min
Unha serie 'imperfecta' de tres imaxes dos meus novos diarios cinematográficos. - Jonas Mekas
Canción de Avignon
Song of Avignon | Jonas Mekas | 1998 | 5 min
Reflexións sobre a miña viaxe a Avignon no ano 1966, a cal me axudou a superar unha profunda crise pola que estaba pasando. Os textos son dos meus diarios daquel período e son lidos por Angus McLise. - Jonas Mekas
Mozart Wien & Elvis
Mozart Wien & Elvis | Jonas Mekas | 2000 | 3 min
Trátase de imaxes da última actuación de Elvis Presley en Nova York o 9 de xuño de 1972. Está precedida por imaxes que gravei en Viena uns anos antes. É unha gravación única mírese por onde se mire. - Jonas Mekas
- Título orixinal: Curtametraxes Jonas Mekas
- Ano: 1966
- Duración: 77 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Jonas Mekas
- Distribuidora: FIC Bueu


