Curtocircuíto 2018 <br> Explora 5

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2018 <br> Explora 5

SÁBADO 6 DE OUTUBRO | 22:00 | 81 min 53 seg

Mahogany Too
Akosua Adoma Owusu | 2018 | 03:33 | Ghana, EUA | EXP | COL

O espírito de Tracy Chambers, a estudante de moda e deseño con problemas interpretada por Diana Ross na película de Motown de 1975 Mahogany, pel caoba, é invocado e reimaxinado pola actriz nixeriana Esosa E. [*Estrea en España]
Tráiler

Nutsigassat (Translations)
Tinne Zenner | 2018 | 20:20 | Dinamarca, Groenlandia, Canadá | DOC, EXP | COL

"Sae fóra. As dúas preciosas montañas, Sermitsiaq e Kingittorsuaq, obsérvanos". Mentres a paisaxe actúa como un escenario para a nostalxia colectiva e o desenvolvemento cidadán en Nuuk, Groenlandia, a curta estuda fallos na tradución da linguaxe e da cultura nunha modernidade poscolonial.
Tráiler

Wishing well
Sylvia Schedelbauer | 2018 | 12:54 | Alemaña | EXP | COL

Cores a esgalla. Un tempo disperso, pero sincrónico. Un xiro trascendente, unha procura de acción, unha reunión coas correntes do bosque.

Trees Down Here
Ben Rivers | 2018 | 13:56 | Reino Unido | EXP | COL, B/N

As árbores son as personaxes silenciosas que narran a arquitectura e a vida de Churchill College (inaugurado en 1960) a través da súa historia natural. O hábitat humano vese a través da natureza (árbores balanceándose, animais perdidos, aves de presa, as estacións) para crear un novo ambiente onírico no que se borra calquera distinción entre a vida humana, a arquitectura e a natureza.

Sombra luminosa
Francisco Queimadela, Mariana Caló | 2018 | 22:09 | Portugal | EXP, FIC | COL, B/N

Mediante a manipulación de imaxes e sons de exposicións, catálogos e conversas, que tiveron lugar no espazo Center, ensámblase unha linguaxe experimental e mediumística, buscando establecer una recombinación de tempos, contextos e orixes. [*Estrea en España]
Tráiler

Sinais mesturados
(Mixed Signals)
Courtney Stephens | 2018 | 09:01 | EUA | COL

Atacado por unha enfermidade non revelada, o narrador desta obra reflexica debuxa evocadores paralelismos entre os cascos escurecidos dun transatlántico industrial e un estado mental cada vez máis desorientador. Courtney Stephens inspirouse nas imaxes náuticas e no turbulento monólogo interior dos poemas do código marítimo de Hannah Weiner.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2018 <br> Explora 5
  • Idioma orixinal: Varios