Curtocircuíto 2018 <br> Púlsar - Jessica Sarah Rinland 3

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2018 <br> Púlsar - Jessica Sarah Rinland 3

SÁBADO 6 DE OUTUBRO | 20:00 | 50 min 32 seg

A expresión do cego
(Expression of the Sightless)
Jessica Sarah Rinland | 2016 | 07:01 | Reino Unido | B/N

As inquisitivas mans dun cego exploran unha escultura vitoriana.

O obreiro cedo
(The Blind Labourer)
Jessica Sarah Rinland | 2016 | 26:30 | Reino Unido, EUA | COL, B/N

O obreiro cego examina as similitudes e contrastes entre a industria madeireira e baleeira. Edita conxuntamente metraxe de traballadores nos bosques, cortando árbores, no mar e nas fábricas, cortando baleas e desenvolvendo os seus múltiples produtos para a sociedade e estudos científicos. Aparece un texto en forma de subtítulos por toda a película, escrito en primeira persoa por un baleeiro ambiguo que coñece a un madeireiro cego, fascinado polas baleas. A película rexeita a idea de que os seres podan ser clasificados en función do seu valor relativo, e explora como unha forma pode afectar a outra. 

Un esqueleto fervido
(A Boiled Skeleton)
Jessica Sarah Rinland | 2015 | 03:44 | Reino Unido | COL

A viaxe dun calderón boreal, capturado en 1860 e actualmente almacenado no sótano do Museo Grant do University College of London.

Necropsia dunha toniña común (vendo dende os nosos ollos ós deles)
(Necropsy of a Harbour Porpoise (Seeing From Our Eyes Into Theirs))
Jessica Sarah Rinland | 2015 | 11:02 | Reino Unido | COL

Unha resposta a O acto de ver cos propios ollos, de Stan Brackhage, que crea unha afirmación contundente sobre a condición humana a través de describir autopsias de humanos. Necropsia dunha toniña común (vendo dende os nosos ollos ós deles) examina esta balea sempre tan enigmática amosando o seu interior, quitándolle o seu misterio e disparidade, e destacando similitudes entre organismos aparentemente contrastantes e mortos.

O home ri
(The Laughing Man)
Jessica Sarah Rinland | 2008 | 02:00 | Arxentina | COL

El ri.
Tráiler

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2018 <br> Púlsar - Jessica Sarah Rinland 3
  • Idioma orixinal: Inglés