Curtocircuíto 2021: Playlist 4 - Don't Go Gentle: A Film About Idles

  • Estrea
  • VOSE

Curtocircuíto 2021: Playlist 4 - Don't Go Gentle: A Film About Idles

Don't Go Gentle: A Film About Idles
Mark Archer | 2020 | 75:00 | Reino Unido | DOC | COR, B&N

Dont' Go Gentle é unha película sobre a procura da forza a través da vulnerabilidade. Realiza un percorrido a través da determinación, a amizade e a adversidade da banda IDLES na súa loita por ter un lugar nunha contorna sociopolítica dividida, inspirando e unificando inesperadamente unha comunidade internacional no proceso. Nunha época na que o chan se move baixo os nosos pés, onde a comunicación aberta e a reflexión sincera son máis vitais que nunca, Don’t Go Gentle desmonta os estereotipos e empodera os fans para que falen da saúde mental e das realidades que quizais consideremos incómodas.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2021: Playlist 4 - Don't Go Gentle: A Film About Idles
  • Ano: 2020
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Mark Archer
  • Fotografía: Mark Archer
  • Produtora: MEA Films