Curtocircuíto 2016 <br>Púlsar: Ana Vaz

  • Estrea

Curtocircuíto 2016 <br>Púlsar: Ana Vaz

  • Estrea

MÉRCORES 5 DE OUTUBRO | 22:00 | 1h 14 min

PÚLSAR: Ana Vaz 1

Sacris Pulso

Ana Vaz | 2008 | Australia, Brasil | 15:12 | DOC, EXP | COL

Sacris Pulso parte da desarticulación doutra curtametraxe, Brasiliários, adaptación fílmica da crónica que é Brasília, de Clarice Lispector; un texto visionario no que se contempla a capital xa inaugurada en tanto que ruína do futuro ou procedente del. Mediante a ensamblaxe de Brasiliários con material de metraxe atopada en 8 mm no que se retrata unha serie de rituais de temática viaxeira e familiar, Sacris Pulso adopta a forma de periplo pola memoria e a ficción, por un tempo pasado e futuro que conxura as pantasmas de Lispector, o espectro de Brasília, e cose os lazos que manteñen unida unha ficción familiar.

Les mains negatives

As mans negativas

Ana Vaz & Julien Creuzet | 2012 | Francia | 15:09 | DOC, EXP | COL

Unha postal das feiras de Saint-Ouen (París, 2012).

Entre temps

Namentres

Ana Vaz | 2012 | Francia | 11:09 | DOC | COL

Meditación e fantasía nunha cidade a un tempo real e imaxinada. Aínda que conceptualizado como documental centrado nos edificios de Francia que se levantan nas zonas de urbanización prioritaria, esta curtametraxe toma forma de confrontación poética e expansiva coa psicoxeografía dunha Europa contemporánea en crise. Un réquiem por unha cidade soñada, entre o seu pasado e o seu presente.

A idade da pedra

A idade de pedra

Ana Vaz | 2013 | Francia, Brasil | 29:00 | DOC, FIC, EXP | COL

Unha viaxe ao extremo occidental de Brasil condúcenos a unha estrutura monumental, petrificada no centro da sabana. Inspirado na épica construción da cidade de Brasília, esta curtametraxe válese da historia para imaxinala doutro xeito; seguindo o rastro xeolóxico que nos leva a este monumento, a curta saca á luz un relato de exploración, profecía e mito.

VENRES 7 DE OUTUBRO | 22:00 | 47 min

PÚLSAR: Ana Vaz 2

A Film, Reclaimed

Película recuperada

Ana Vaz, Tristan Bera | 2015 | Francia | 19:33 | DOC, EXP | COL

A crise ecolóxica é unha crise política, económica e social. Tamén é cinematográfica, xa que o cine coincide historicamente, e en sentido crítico e descritivo, co xurdimento do Antropoceno. Película recuperada é unha conversa, un ensaio que interpreta a crise terrestre baixo a influencia e coa axuda dos filmes, fermosos e terribles, que acompañaron o seu desenvolvemento.

Occidente

Ana Vaz | 2014 | Francia, Portugal | 15:27 | DOC, EXP | COL

Un poema fílmico dunha ecoloxía de signos que nos fala dunha historia colonial que se repite; os subalternos convértense en amos, as antigüidades transfórmanse en cubertos reproducibles, as aves exóticas tórnanse bens de luxo, a exploración pasa a adquirir a categoría de turismo de deporte extremo, os monumentos vólvense datos xeográficos. Unha viaxe esférica a leste e oeste que marca uns ciclos de expansión mentres a persoa loita por atopar o seu lugar, sentada á mesa.

Ha terra!

Terra á vista!

Ana Vaz | 2016 | Francia | 12:20 | FIC, EXP | COL

Terra á vista! é un encontro, unha persecución, unha narración diacrónica de procura e transformación. Como nunha caza, esta curtametraxe erra do personaxe ao territorio, do territorio ao personaxe, do depredador á presa.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2016 <br>Púlsar: Ana Vaz