Curtocircuíto 2016 <br>Carta Branca: Chema Prado
- Estrea
Curtocircuíto 2016 <br>Carta Branca: Chema Prado
- Estrea
VENRES 7 DE OUTUBRO | 20:00 | 1h 22 min
CARTA BRANCA: CHEMA PRADO
Douro Faina Fluvial
O Douro, traballo fluvial
Manoel de Oliveira | 1931 | Portugal | 18:29 | DOC | B/N
Documental que observa a xente que traballa na ribeira do río Douro ao seu paso pola cidade do Porto.
Pull my Daisy
Robert Frank, Alfred Leslie | 1959 | EUA | 26:23 | FIC | B/N
Milo é un gardafreos de ferrocarril; a súa muller é pintora. Teñen algúns amigos poetas que adoitan pasar bastante tempo no seu apartamento. Cando Milo e a súa muller reciben a visita do seu bispo, naturalmente desexan que os seus amigos se comporten o mellor posible. Mais os poetas son como son.
Saute ma ville
Fai estoupar a miña cidade
Chantal Akerman | 1968 | Bélxica | 12:31 | FIC | COL
Unha moza péchase no seu apartamento e alí pasa toda a noite actuando dun xeito estraño.
Leo es pardo
Leo é pardo
Iván Zulueta | 1976 | España | 09:51 | FIC; EXP | COL
Iván Zulueta filmou Leo es Pardo para experimentar con texturas, sons e formatos, e cuestionar os canons cinematográficos do cine comercial en voga. O filme introduce o tema da dualidade e o desdobramento da personalidade (Jekyll e Hyde), recorrente na súa obra. Foi presentada no Festival de Berlín.
Tatuaje
Tatuaxe
Jaime Chávarri | 1976 | España | 04:40 | VIDEOCLIP | COL
Dirixido por Jaime Chávarri e acompañado por Marisa Paredes, Pedro Almodóvar interpretou esta curtametraxe na que os actores dramatizan e ironizan sobre a famosa copia.
Alumbramiento
Parto
Víctor Erice | 2002 | España | 10:51 | FIC | B/N
Parto, filmada en branco e negro, preséntanos os primeiros dez minutos de vida dun ser que vai quedar marcado polo momento e as circunstancias en que nace: o 28 de xuño de 1940 no País Vasco, durante a II Guerra Mundial. Despois do parto, fundida cos sons do campo, unha nana trata de consolar o choro do recentemente nado. Curtametraxe incluída no filme colectivo Ten Minutes Older: The Trumpet.
- Título orixinal: Curtocircuíto 2016 <br>Carta Branca: Chema Prado