Curtocircuíto 2016 <br>Sex Tapes

  • Estrea

Curtocircuíto 2016 <br>Sex Tapes

  • Estrea

MÉRCORES 5 DE OUTUBRO | 20:00 | 1h 04min

SEX TAPES

Cabeza de orquídea

Violeta Blasco / Germán Andrés López / Carlotta Napolitano / Angélica Sánchez Martínez / Claudia Zegarra P. | 2016 | España | 21:06 | DOC | COL

Angélica ten un problema coa súa sexualidade, un bloqueo psicolóxico e físico. A través dun vídeo diario, compartido con outras dúas mulleres, indagará nos seus recordos para entender que sucede co seu corpo.

(Self)exhibitions

Flor Aliberti | 2016 | España | 14:18 | DOC | COL

Curtametraxe documental de apropiación que recupera vídeos caseiros de Youtube para falar sobre experiencias de exhibición da intimidade en internet. Vivencias privadas e particulares pero que, atravesadas pola pantalla, dan lugar a dinámicas de repeticións, imitacións e réplicas nas formas de (auto)representación, xerando, destas experiencias individuais, copias e copias do mesmo.

6Lola6

Tomás Peña | 2014 | España | 14:00 | DOC | COL

A sociedade sempre tivo outsiders. No pasado podías coñecer a xente que non estaba demasiado contenta co que a sociedade tiña preparado para eles, xente que non se resignaba co que a vida lles daba. Lola é unha delas. A unha temprana idade decatouse de que era máis forte en internet e que non tiña por que seguir o camiño clásico. 6 Lola 6 é, de algún modo, un retrato desta nova xeración de artistas de internet que sofren para que a súa voz sobresaia na, a veces frustrante, vida real.

Spunk

Antonio da Silva | 2015 | Portugal | 36:00 | DOC | COL

Spunk é un documental experimental onde a realidade e a virtualidade se mesturan nun surrealista collage sexual. Móstrasenos sexo desde a webcam, teléfonos móbiles e streamings onde os participantes dan renda solta ás súas fantasías sexuais.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2016 <br>Sex Tapes