Delincuente
- Estrea
- DCP2K
- TP
- VO
-
- VO Pase único | Presentación a cargo do equipo do filme
Delincuente
- Estrea
- DCP2K
- TP
A través do recordo de La Maradona —a líder dunha banda de delincuencia xuvenil viguesa dos anos 80—, Nuria Vil constrúe un universo poético no que mestura o imaxinario do cine quinqui coa historia obreira da cidade de Vigo para achegar ao presente algunhas referentes da literatura galega contemporánea e unha vindicación potente do colectivo LGBTIAQ+. Esta peza, dirixida por Alba Domínguez, aúna as imaxes en super 8 do arquivo de Manoel da Costa que retratan o Vigo dos 80 coa ficción filmada nos arredores de Vigo, Nigrán e no histórico autobús Cometa de 1968 cedido por Vitrasa.
A sesión contará con presentación e coloquio.
- Título orixinal: Delincuente
- Ano: 2024
- Duración: 12 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Alba Domínguez (texto de Nuria Vil)
- Guión: Alba Domínguez, Nuria Vilán
- Montaxe: Alba Domínguez
- Dirección de arte: Antía Carreira
- Música: MorlitaM
- Fotografía: Alba Domínguez
- Produtora: Nuria Vilán
Intersección 2024 (Premio do Xurado Novo; Premio MAV); Bolsa Ensaia