Día de festa
- Repertorio
- DCP2K
- +7
- VOSE
Día de festa
- Petís NUMAX
- Repertorio
- DCP2K
- +7
O pobo de Saint Sévère disponse a celebrar unha gran festa. As rúas engalánanse con bandeiras, a terraza do café está preparada para o gran baile popular. Mentres reparte o correo, François, o carteiro, desexoso de axudar aos feirantes, monta con moito heroísmo a cucaña, pero só consegue provocar catástrofes. No documental que proxectan na carpa do cinema, François ve un novo sistema para repartir o correo e decide probalo. Á mañá seguinte, cando o pobo esperta tras a festa, o carteiro reparte o seu correo á americana.
- Título orixinal: Jour de fête
- Ano: 1949
- Duración: 81 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jacques Tati
- Guión: Jacques Tati, Henri Marquet, René Wheeler
- Elenco: Jacques Tati, Santa Relli, Guy Decomble, Paul Frankeur, Maine Vallee, Roger Rafal
- Montaxe: Marcel Morreau, Sophie Tatischeff
- Dirección de arte: André Pierdel
- Vestiario: Jacques Cottin
- Son: Jacques Maumont
- Música: Jean Yatove
- Fotografía: Jacques Sauvageot
- Produtora: Panoramic Films (Francia)
- Distribuidora: Baños Films
Venecia 1949 (Sección Oficial)