Diario para os meus pais

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Diario para os meus pais

Outubro de 1956. Juli non pode volver a Hungría desde Moscova porque as fronteiras están pechadas. Os soviéticos invadiron Budapest e depuxeron ao primeiro ministro Imre Nagy. János participa activamente nestes eventos. Cando por fin Juli pode regresar, intenta inmortalizar todo o que está a acontecer. Escapa con János a Austria porque temen pola súa vida, mais finalmente decide volver e é brutalmente executado na forca.

Mészáros ataca o gran tabú do seu país durante décadas, o arresto e asasinato do primeiro ministro Imre Nagy en 1956. Con este filme realiza un acto de expiación tanto persoal como nacional, ao restituír a memoria de aquilo que permaneceu oculto durante tanto tempo. Só así, segundo ela, podía avanzar Hungría cara ao futuro neses instantes de cambio.

  • Título orixinal: Napló szerelmeimnek
  • Ano: 1987
  • Duración: 116 minutos
  • Idioma orixinal: Húngaro
  • Dirección: Márta Mészáros
  • Guión: Márta Mészáros, Éva Pataki
  • Elenco: Ágnes Csere, Zsuzsa Czinkoczi, Anna Polony, Mária Ronyecz, Jan Nowicki, Tamás Végvári, Erika Szegedi, Mari Szemes, Vilmos Kun, Pál Zolnay, Adél Kováts, Irina Kuberskaya, Erzsébet Kútvölgyi, Jerzy Binczycki, László Vajda
  • Montaxe: Éva Kármentő
  • Música: Zsolt Döme
  • Fotografía: Nyika Jancsó
  • Produtora: Studio Budapest
  • Distribuidora: Lost & Found