Domingo de descanso
- Estrea
- VOSE
Domingo de descanso
- Estrea
Domingo de descanso (Sunday Rest). Tres filmes de Vicente Vazquez e Usue Arrieta
Usue Arrieta (Arrasate, 1979) e Vicente Vázquez (Tarragona, 1976) sérvense do medio audiovisual en tanto que reconstrución en clave de ficción dun pasado e o xeito no que conforma as nosas disposicións ante os imaxinarios colectivos. Desde a curtametraxe documental elaboran discursos arredor do lugar e as relacións que se suceden nel dentro do mundo actual, con referencias á noción do traballo e da identidade. O seu traballo en colaboración lévase desenvolvendo desde 2003, destacando recoñecementos en diversos certames .
A sala NUMAX acolle a proxección de tres obras que abordan as tensións entre traballo e ocio, natureza e cultura, industrialización e comunidade. A través das imaxes e os sons compróbase como estes supostos contrarios van dar paso a unha sutil interconexión entre eles que xera un inusual e complexo retrato dun grupo social.
Goitik Behera Gora
2012 | 31 min
Un filme sobre comunidades de sentido grupais que se xeran arredor da práctica dunha afición, e sobre os imaxinarios que producen, tendo como punto de partida o estudo do ascenso e o descenso a través de dous eventos e prácticas: o aeromodelismo e as goitibeheras. Prácticas que se dan ao aire libre e que se establecen en relación a características xeográficas de planicie e pendente.
The Exhaust Note (Ton de escape)
2013 | 41 min
The exhaust note é un termo utilizado para diferenciar o son característico de cada tubo de escape. Todas as imaxes e sons que as compoñen foron extraídas da mina de ferro ao descuberto Erzberg en Eisenerz, Austria. No filme converxen rexistros provenientes de operacións que, a primeira vista, poderían describirse como diacrónicas ou progresivas nun proceso de reconversión industrial, pero que ocorren no espazo tempo dos Alpes nun plano sincrónico. Durante o transcurso do oito secuencias asistimos a labores de explotación mineira, a operacións de musealización da práctica extractiva, así como a estratexias de patrimonialización da paisaxe física e humana (celebración do 1300 aniversario, seminario académico, congregación de brassbands e un espectáculo de danza contemporánea inspirado no Ryoanji de John Cage). The exhaust note artella esta socialización de estratos xeolóxicos agora visibles a partir da performance dos/as pilotos de Enduro.
90° Dobre vertente
2013 | 60 min
O filme explora dous eventos multitudinarios que comparten e transforman unha mesma paisaxe. As etapas pirenaicas do Tour de Francia e o festival de músicas do mundo Pirineos Sur celebrado anualmente no embalse de Lanuza (Huesca). Realizando un seguimento das actividades que tiveron lugar en 2012, o filme amosa os Pirineos Atlánticos como unha engranaxe articulada pola creación de enerxía, o filme amosa os Pirineos Atlánticos como unha engranaxe articulada pola creacioń de enerxía e os procesos de consumo que derivan da súa morfoloxía xeolóxica, a súa situación xeopolítica e unha certa cualidade liminal entre natureza e cultura.
- Título orixinal: Domingo de descanso
- Dirección: Usue Arrieta e Vicente Vázquez