Ciclo realidades agochadas: Tras la valla
- Estrea
- VOSE
Ciclo realidades agochadas: Tras la valla
- Estrea
A través da vivencia persoal da guineana Bari Fatimatah e o marfileño Kone Mohamed, a curta documental Tras la valla pretende reflectir a difícil situación das persoas migrantes que chegan a Marrocos na procura dunha vida mellor. É tamén unha crítica ás políticas migratorias, que se endureceron nos últimos anos para intentar frear a chegada de persoas migrantes a Europa.
Coa presenza de Uxía Pérez (produción), Andrés Vázquez (guión) e Francisco Rodríguez (fotografía). Entrada gratuíta até completar aforo, podes reservar praza na nosa web ou na billeteira do cinema, máximo 2 convites por persoa.
Esta proxección forma parte do ciclo de cinema e migración Realidades agochadas, un proxecto desenvolvido por Eido Cultural e financiado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
- Título orixinal: Tras la valla
- Ano: 2019
- Duración: 20 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Antonio Grunfeld
- Guión: Verónica Couto e Andrés Vázquez
- Montaxe: Francisco Rodríguez
- Fotografía: Francisco Rodríguez
- Produtora: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e Asamblea de Cooperación pola Paz (ACCP Galicia)