Ciclo realidades agochadas: Tras la valla

  • Estrea
  • VOSE

Ciclo realidades agochadas: Tras la valla

  • Estrea

A través da vivencia persoal da guineana Bari Fatimatah e o marfileño Kone Mohamed, a curta documental Tras la valla pretende reflectir a difícil situación das persoas migrantes que chegan a Marrocos na procura dunha vida mellor. É tamén unha crítica ás políticas migratorias, que se endureceron nos últimos anos para intentar frear a chegada de persoas migrantes a Europa.

Coa presenza de Uxía Pérez (produción), Andrés Vázquez (guión) e Francisco Rodríguez (fotografía). Entrada gratuíta até completar aforo, podes reservar praza na nosa web ou na billeteira do cinema, máximo 2 convites por persoa.

Esta proxección forma parte do ciclo de cinema e migración Realidades agochadas, un proxecto desenvolvido por Eido Cultural e financiado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

  • Título orixinal: Tras la valla
  • Ano: 2019
  • Duración: 20 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Antonio Grunfeld
  • Guión: Verónica Couto e Andrés Vázquez
  • Montaxe: Francisco Rodríguez
  • Fotografía: Francisco Rodríguez
  • Produtora: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e Asamblea de Cooperación pola Paz (ACCP Galicia)