El abrazo de la serpiente
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
El abrazo de la serpiente
- Estrea
- DCP2K
- +12
Karamakate foi no seu día un poderoso chamán do Amazonas. Actualmente é o último supervivente do seu pobo e vive un illamento voluntario no máis profundo da selva. Leva anos de total soidade que o converteron en chullachaqui, unha cáscara baleira de home, privado de emocións e lembranzas. Pero a súa vida baleira dá un xiro o día en que chega Evan, un etnobotánico americano en busca da yakruna, unha poderosa planta oculta, capaz de ensinar a soñar. Karamakate accede a acompañar a Evan na súa busca e xuntos emprenden unha viaxe ao corazón da selva no que o pasado, presente e futuro se confunden e no que o chamán irá recuperando as súas lembranzas perdidas.
- Título orixinal: El abrazo de la serpiente
- Ano: 2015
- Duración: 125 minutos
- Dirección: Ciro Guerra
- Guión: Jacques Toulemonde Vidal, Ciro Guerra
- Elenco: Brionne Davis, Nilbio Torres, Antonio Bolívar, Jan Bijvoet, Nicolás Cancino, Yauenkü Migue, Luigi Sciamanna
- Montaxe: Etienne Boussac
- Dirección de arte: Ramses Benjumea
- Vestiario: Catherine Rodríguez
- Son: Carlos E. García
- Música: Nascuy Linares
- Fotografía: David Gallego
- Produtora: MC Producciones, Buffalo Films (Arxentina), Caracol Televisión, Ciudad Luna Producciones, Dago García Producciones (Colombia), Nortesur Producciones (Venezuela)
- Distribuidora: Abordar Casa de Películas