El abrazo de la serpiente

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

El abrazo de la serpiente

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12

Karamakate foi no seu día un poderoso chamán do Amazonas. Actualmente é o último supervivente do seu pobo e vive un illamento voluntario no máis profundo da selva. Leva anos de total soidade que o converteron en chullachaqui, unha cáscara baleira de home, privado de emocións e lembranzas. Pero a súa vida baleira dá un xiro o día en que chega Evan, un etnobotánico americano en busca da yakruna, unha poderosa planta oculta, capaz de ensinar a soñar. Karamakate accede a acompañar a Evan na súa busca e xuntos emprenden unha viaxe ao corazón da selva no que o pasado, presente e futuro se confunden e no que o chamán irá recuperando as súas lembranzas perdidas.

  • Título orixinal: El abrazo de la serpiente
  • Ano: 2015
  • Duración: 125 minutos
  • Dirección: Ciro Guerra
  • Guión: Jacques Toulemonde Vidal, Ciro Guerra
  • Elenco: Brionne Davis, Nilbio Torres, Antonio Bolívar, Jan Bijvoet, Nicolás Cancino, Yauenkü Migue, Luigi Sciamanna
  • Montaxe: Etienne Boussac
  • Dirección de arte: Ramses Benjumea
  • Vestiario: Catherine Rodríguez
  • Son: Carlos E. García
  • Música: Nascuy Linares
  • Fotografía: David Gallego
  • Produtora: MC Producciones, Buffalo Films (Arxentina), Caracol Televisión, Ciudad Luna Producciones, Dago García Producciones (Colombia), Nortesur Producciones (Venezuela)
  • Distribuidora: Abordar Casa de Películas
Óscar 2016, nomeado ao mellor filme de fala non inglesa. Cannes 2015, gañador do premio Art Cinéma. Premios Macondo do Cinema Colombiano 2015, 8 premios, incluíndo mellor filme e director. Festival Internacional de Cine de Costa Rica 2015, mellor filme internacional. Festival Internacional da India 2015, mellor filme. Festival de Yerebán 2015, mellor filme. Festival de Cine Latinoamericano de Lima 2015, mellor filme. Festival de Cine de Mar del Plata 2015, mellor filme. Festival dos Hampton 2015, mellor filme.