Ciclo realidades agochadas: El camino
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
Ciclo realidades agochadas: El camino
- Estrea
- DCP2K
- +12
El camino é un documental que explora a realidade da migración. Con testemuños en primeira persoa de migrantes que cruzaron o mediterráneo, o filme explora os problemas de orixe e os medos e esperanzas que levan ás persoas a atravesar o deserto e o mar para chegar a Europa. Un documental coral que une tamén as voces dos que traballan no mar rescatando persoas e dos que acollen no continente europeo.
Coa presenza do director José Manuel Colón e de Marcos Penas, médico e voluntario de Open Arms, participante na misión 67 que sae no documental. Entrada gratuíta até completar aforo, podes reservar praza na nosa web ou na billeteira do cinema, máximo 2 convites por persoa.
Esta proxección forma parte do ciclo de cinema e migración Realidades agochadas, un proxecto desenvolvido por Eido Cultural e financiado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.
- Título orixinal: El camino
- Ano: 2020
- Duración: 101 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: José Manuel Colón
- Guión: José Manuel Colón
- Montaxe: Raúl del Pino
- Son: Óscar Martínez, Carlos García Leiva, Álvaro Sánchez, Jorge Ramos
- Música: Cato Hoeben
- Fotografía: Juan Antonio Díaz, Iago López
- Produtora: Alquimistas Producciones Audiovisuales, S.L.