MICE 2023: Eldorado XXI

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

MICE 2023: Eldorado XXI

Eldorado XXI é un misterioso e inquietante documental etnográfico, gravado no asentamento humano máis alto do mundo, La Rinconada e Cerro Lunar, a 5.100 metros sobre o nivel do mar, nos Andes peruanos. As infernais condicións de vida arredor da mina fúndense cos rituais para rematar en transo, entre a sobriedade da cámara, os intrincados testemuños da xente do lugar, a música cativadora, e a folla de coca. Unha busca entolecida das riquezas inalcanzables de El Dorado que no século XXI conserva as súas raíces ancestrais, incluíndo a febre do ouro e o sacrificio humano.

  • Título orixinal: Eldorado XXI
  • Ano: 2016
  • Duración: 125 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Salomé Lamas
  • Produtora: Coproducción Portugal-Francia; O Som e a Fúria, Shellac Sud
  • Distribuidora: MICE