Encantados + Dolando + Lorena! + O viaxeiro + O afiador + O inconsolábel + A nai
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Encantados + Dolando + Lorena! + O viaxeiro + O afiador + O inconsolábel + A nai
- Jean-Marie Straub & Danièle Huillet
- Repertorio
- DCP2K
Encantados (Incantati, 6', 2002, VOSE)
Montaxe alternativa do final de Humillados (Straub-Huillet, 2003).
Dolando (Dolando, 7', 2002, VOSE)
Fragmentos da rodaxe do filme Humillados (Straub-Huillet, 2003).
Lorena! (Lothringen!, 21', 1994, VOSE)
Jean-Marie Straub narra a cambiante historia da súa terra natal, unha provincia en disputa durante diferentes guerras entre Francia e Alemaña. As vitorias son derrotas, e viceversa, e a terra remata saturada de ferro, carbón e sangue. Unha lección de historia e subversión a través do rexistro topográfico da terra.
O viaxeiro (Il viandante, 5', 2001, VOSE)
Secuencia remontada do filme Sicilia! (1999)
O afiador (L'arrotino, 7', 2001, VOSE)
Nova secuencia remontada do filme Sicilia! (1999)
O inconsolábel (L'inconsolable, 15', 2011, VOSE)
Relectura do mito de Orfeo, unha continuación da posta en escena da obra literaria de Cesare Pavese, Diálogos con Leucó, á que Straub dedicara o filme Da nube á resistencia.
A nai (La madre, 20', 2012, VOSE)
Baseada nun dos Diálogos con Leucó, de Cesare Pavese, a obra de Straub céntrase na dimensión íntima dos dilemas que suscita o texto.
- Título orixinal: Incantati + Dolando + Lothringen! + Il viandante + L'arrotino + L'inconsolable + La madre
- Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub