O equilibrio dos opostos
- Estrea
- VO
O equilibrio dos opostos
- Cineuropa 2017
- Estrea
En novembro de 2014, o cociñeiro do Grove Javier Olleros ten que pechar o seu prestixioso restaurante Culler de Pau, posuidor dunha estrela Michelin. Unha situación incontrolable levaba camiño de arruinar a súa vida e a da súa familia ata que Javier decide darlle a volta e convertila na realización do seu soño profesional. Nestes momentos de incerteza e ilusión somos testemuñas do seu proceso de busca, e descubrimos as súas raíces: a figura do pai e a diáspora; O Grove, península-illa; unha xuventude difícil; a loita contra a inxustiza; e a continua procura do equilibrio.
Con presentación e coloquio.
- Título orixinal: O equilibrio dos opostos
- Ano: 2017
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Galego, español
- Dirección: Alberto Baamonde
- Guión: Alberto Baamonde
- Montaxe: Alberto Baamonde
- Son: Martiño Méndez, David Machado e Javier Pato
- Música: Raúl Mon
- Fotografía: Alberto Baamonde
- Produtora: Zinqin Audiovisual (España)