Eroski/Paraíso
- Estrea
- DCP2K
- TP
- VO
Eroski/Paraíso
- Estrea
- DCP2K
- TP
Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.
- Título orixinal: Eroski/Paraíso
- Ano: 2019
- Duración: 75 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Jorge Coira, Xesús Ron
- Guión: Chévere
- Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez, Luís Martínez, Ana Santos, Federico Pérez
- Montaxe: Lucía Iglesias, Jorge Coira
- Dirección de arte: Antonio Pereira, Chévere
- Son: Juan Guay
- Música: Xavi Font
- Fotografía: Lucía Catoira, Fidel Vázquez
- Produtora: Chévere, Ollo Vivo (España)
- Distribuidora: Ollovivo Producións