
Falling Leaves + Eleanor's Catch + The Dream Lady
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE Pase único
Falling Leaves + Eleanor's Catch + The Dream Lady
- Pioneiras
- Repertorio
- DCP2K
Segunda sesión o ciclo "Pioneiras" no que recuperamos a obra de mulleres que, ademais de seren fundamentais na creación da linguaxe do cinema, abriron camiño para moitas cineastas que viñeron despois.
Falling Leaves
Alice Guy-Blaché | 1912 | 12 min
Este outono, o Dr. Earl Headley espera demostrar con impaciencia o que parece ser unha cura milagrosa para a tuberculose. Porén, non moi lonxe de onde está a traballar, a enfermidade parece lista para reclamar unha nova vida, unha nena chamada Winifred encóntrase gravemente enferma. Chea de poesía, Falling Leaves está considerada a obra mestra da primeira directora da historia do cinema.
Eleanor's Catch
Cleo Madison | 1916 | 15 min
Encantadora curtametraxe dirixida e protagonizada por Cleo Madison, actriz de éxito e unha das numerosas mulleres que dirixiron en Universal na década de 1910. A protagonista é unha moza arrastrada á vida delictiva por causa do seu pretendente. O seu sorprendente final supón un referente no reclamo da igualdade das mulleres no traballo.
The Dream Lady
Elsie Jane Wilson | 1918 | 54 min
Rosamond é unha moza que herda unha fortuna do seu tío falecido e decide cumprir os seus tres maiores desexos: ter un can de Livonia, vivir nunha cabana no bosque e ser adiviña.
- Título orixinal: Falling Leaves + Eleanor's Catch + The Dream Lady
- Ano: 1918
- Duración: 81 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Alice Guy-Blaché, Cleo Madison, Elsie Jane Wilson


