Pioneiras

En carteleira

Ver a programación
Pase único 18 de setembro

Campesiñas de Ryazan

Olga Preobrazhenskaya, Ivan Pravov

O filme máis celebrado da pioneira soviética Olga Preobrazhenskaya céntrase na vida de dúas mulleres labregas, unha vítima dun sogro abusivo e a outra emancipada. Un melodrama feminista que triunfou nas taquillas soviéticas do momento. Ler máis

Presenta Alberte Pagán

Pioneiras#04: Mary Ellen Bute

Mary Ellen Bute

A cuarta entrega do ciclo "Pioneiras" proxecta unha escolma de curtas de Mary Ellen Bute (1906-1983), a primeira muller en crear animación abstracta nos EEUU e a primeira persoa que empregou un instrumento electrónico para crear imaxes cinematográficas. A sesión será conducida polo cineasta experimental galego Alberte Pagán. Ler máis

Filmes xa programados