Fatima

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

Fatima

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

Fatima é unha muller inmigrante que vive en Francia xunto ás súas dúas fillas: a rebelde adolescente de quince anos Souad e Nesrine, que aos seus dezaoito acaba de comezar a carreira de medicina. Fatima non sabe falar ben francés e está preocupada polo futuro das súas fillas, que son o seu orgullo e ledicia, pero tamén a causa de que perda o sono. Para poder pagar os seus estudos traballa sen descanso como limpadora, pero un día sofre un accidente que a obriga a gardar repouso. Daquela aproveitará ese momento para escribir ás súas fillas en árabe, para así poder dicirlles todo aquilo que nunca puideron expresar en francés.

  • Título orixinal: Fatima
  • Ano: 2015
  • Duración: 79 minutos
  • Dirección: Philippe Faucon
  • Guión: Philippe Faucon
  • Elenco: Soria Zeroual, Zita Hanrot, Mehdi Senoussi, Franck Andrieux, Yolanda Mpele
  • Montaxe: Sophie Mandonnet
  • Dirección de arte: Dominique Sinibaldi, Laurent Thevenot
  • Vestiario: Nezha Rahil
  • Son: Thierry Morlaas-Lurbe
  • Música: Robert Marcel Lepage
  • Fotografía: Laurent Fenart
  • Produtora: Istiqlal Films, Arte France Cinéma, Possibles Média, Rhône-Alpes Cinéma (Francia)
  • Distribuidora: Surtsey Films
César 2015 (Mellor filme, guión adaptado e actriz revelación)