Filmei paxaros voando

  • Estrea
  • VO

Filmei paxaros voando

Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.

  • Título orixinal: Filmei paxaros voando
  • Ano: 2024
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Zeltia Outeiriño
  • Guión: Zeltia Outeiriño
  • Participación: Socorro González González, Pepe Outeiriño, Antonio Outeiriño, Concha Outeiriño, Marcos Outeiriño González
  • Montaxe: Zeltia Outeiriño González, Nuria Mosqueira
  • Fotografía: Lucía C. Pan
  • Produtora: Silvia Fuentes, Mireia Graell
Seccion oficial Nacional no Festival L’Alternativa Barcelona 2024